Allservice

  • 2
Imaxe allservice

Allservice

Category : Uncategorized

Allservice é unha empresa de servizos de tecnoloxías da información e as comunicacións que axuda ás pequenas e medianas empresas a manterse competitivas e produtivas.

Os servizos de Allservice inclúen o desenvolvemento de páxinas web corporativas profesionais, a xeración de programas  informáticos feitos á medida – tanto para uso interno da propia empresa coma para outros usos -, a implantación de sistemas informáticos de xestión e a instalación de redes locais corporativas. Ademais, para complementar a súa oferta Allservice ofrece servizos de asesoramento e formación para que a empresa saque o máximo partido das Tecnoloxías da Información.

Os servizos de Allservice facilitan unha xestión empresarial profesional e eficiente para as pequenas e medianas empresas, integrando as tecnoloxías da información e as comunicacións nos seus procesos de negocio, e axudando a mellorar o uso da información empresarial na toma de decisións.

Nun mundo no que os avances tecnolóxicos se suceden con tanta velocidade, é necesario para as empresas non perder o tren tecnolóxico. Os profesionais de serviciosTIC ofrecemos solucións adaptadas a cada cliente, buscando sempre a mellor proposta que se axuste a cada escenario particular da PEME.

*  Asesoramento integral informático

*  Coordinación técnica de equipos de traballo

*  Venta de Hardware, software, consumibles, …

*  Reparación e mantemento de hardware

*  Montaxe e mantemento de redes

*  Deseño e administración de páxinas web

*  Deseño gráfico e folletería

*  Deseño multimedia e fotografía dixital

*  Servizos de publicidade radio, televisión e prensa

*  Telefonía e servizos sms

*  Producción de contidos audiovisuais

*  …


2 Comments

Jesús Ramirez

26 enero, 2017 at 12:23 pm

Buenos servicios de esta empresa. Me ha prestado soporte técnico en varias ocasiones directamente en mi domicilio y han resuesto el problema en poco tiempo.

Buena atención, buen trato con el cliente y sobre todo muy buenos precios en mantenimiento informático.

allservice

30 enero, 2017 at 3:33 pm

Gracias Jesús polos comentarios,

continuaremos traballando para mellorar en todos os nosos servizos prestando especial atención ao trato co cliente.

Log out of this account

Leave a Reply

Sobre Allservice

A empresa nace en Galicia en 2006 co nome de Allticnor SLNE, comercialmente Allservice, actualmente é unha empresa relacionada coas novas tecnoloxías, o soporte técnico e a presenza na rede. Servizos de tecnoloxías da información e as comunicacións para manter ás pequenas e medianas empresas competitivas e produtivas.

Comentarios recientes